CORO
Un dos tesouros principais da catedral… A catedral luguesa é a única catedral galega que conserva o seu coro in situ no lugar que era habitual nas igrexas hispanas. Ocupa os tres primeiros tramos da nave central. Obra do gran artista galego Francisco de Moure, de principios do século XVII, este conxunto tallado en nogueira representa unha verdadeira xoia artística.
A sillería está integrada por unha serie de vintisete asentos sobor do nivel do piso, e outra de trinta e nove nun plano máis alto. O seu singular interés céntrase na imaxinería que se desenvolve en todo o conxunto.
Déixese abraiar polo que é, para moitos, o mellor coro do século XVII en España.