Actividades Infantís
O templo lucense conta cunhas audioguías moi especiais, deseñadas para os máis pequenos da casa. Sabemos que o achegamento á arte e ao patrimonio ás veces é complicado se non se utilizan as linguaxes adecuadas. Por iso creamos historias accesibles e entretidas, que permitan crear un vínculo emocional co patrimonio cultural e relixioso de Lugo. Búscase fomentar a observación, a curiosidade e o amor pola catedral de Lugo e o seu rico patrimonio, convertendo a visita nunha experiencia participativa e non só nunha narración pasiva.
Que escoitarán nos seus audioguías os nenos e nenas que veñan ver a catedral de Lugo?
A través dos seus audioguías coñecerán á pequena Pilar: unha nena valente e curiosa que chegou á catedral disposta a coñecer todos os seus segredos. Pilar irá acompañada nin máis nin menos que por San Froilán, que coñece todos os recunchos, historias e datos curiosos do templo e do museo. Ademais, San Froilán propúxolle un xogo: Pilar terá que ir superando distintas pistas para ir xuntando as letras que, ao final do percorrido, compoñerán unha mensaxe secreta! Unha mensaxe que está directamente relacionado coa última estancia visitable e unha das máis especiais: a Sala da Virxes, nas que un ceo estrelado cobre espectaculares esculturas románicas e coroas que parecen saír dun conto… Nesta audioguía, os nenos non só escoitarán a historia da catedral, senón que serán protagonistas da visita.
Aprendendo na catedral. Retos e aventuras múltiples!
Son varios os recursos que se utilizan ao longo da visita para fomentar a curiosidade e a implicación dos nenos no percorrido: retos, preguntas, adiviñas, efectos de son que axuden a entender a historia, descubrimentos imprevistos… Recursos que van cambiando para facer a visita máis entretida. Hai ocasións nas que terán que descubrir algún animal, obxecto ou símbolo escondido nalgunha capela; tamén terán que localizar enormes estrelas de pedra polo teito que se chaman “bóvedas”; terán que distinguir a arte “románico” do “gótico”; poderán entender que a luz tamén ten unha simboloxía detrás; que o pintor holandés Cornelius utilizaba chapeus diferentes nas súas pinturas; ou que a girolas servían para que as persoas puidesen virar polo templo e achegarse ás reliquias.
Estas audioguías están dispoñibles en galego, español e inglés. Se locutan en estudos de gravación especializados, con locutores profesionais. Desta maneira, os diálogos resultan máis reais, próximos, teatralizados e dinámicos, convertendo cada visita nunha auténtica aventura para os oídos e a imaxinación.
1. Visita por libre
Unha visita que os profesores poden adaptar aos seus alumnos.
- Dispoñemos dun pdf con toda a información da catedral, que se vos facilitase para a preparación da mesma cando realicen a reserva.
- Proposta de actividades para distintas idades, solicita información.
- Prezo: 1€
2. Visita coa nosa audioguía.
Acompañados polos nosos personaxes María e San Froilán.
- 3 idiomas: Gallego, Español e Inglés.
- Duración: aproximadamente 50 minutos.
- Prezo: 2€
3. Visita guiada por Artisplendore
Acompañados polos nosos personaxes María e San Froilán.
- 3 idiomas: Gallego, Español e Inglés.
- Duración: aproximadamente 50 minutos.
- Prezo: 4€
Os nosos guías especializados na catedral ofreceranvos unha visita centrada en temas artísticos, históricos e relixiosos.
Acompañaranvos pola catedral, o claustro e o triforio, onde se expoñen as pezas do Museo da Diocese de Lugo.