XIROLA

A xirola da catedral luguesa é unha das obras máis importantes que se fan en Galicia na época gótica. Supón a maior transformación da catedral xunto á cabeceira nova, tamén de estilo gótico. Tódalas capelas que a conforman son góticas, agás a central. Imprescindible apreciala tamén desde o exterior.

Fermosas reixas preceden ás capelas desta xirola, entre as que destaca sen dúbida a capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes. Unha creación complexísima que aúna arquitectura, escultura e pintura nunha obra de arte singular que semella fundirse máis aló da pedra e da madeira.  

Trátase dunha obra barroca na que traballaron os mellores artistas do barroco galego do momento: Fernando de Casas, Miguel de Romay e Miguel Ángel Antonio García Bouzas. No centro, a venerada imaxe da Nosa Señora dos Ollos Grandes, coroando esta completa teoloxía mariana. A imaxe representa á Virxe dando o peito ao Neno e debe o seu nome á grandeza expresiva dos seus ollos.

error: Content is protected !!