CAPELAS

Decote acontece nos grandes templos que as advocacións relixiosas e as fundacións piadosas contribúen pouco a pouco á adición de capelas e espazos que se van incorporando á estrutura orixinal. Isto é o que pasa por exemplo coa Capela de San Froilán e coa Capela do Pilar.

A capela do Pilar é unha capela gótica que antigamente estaba ocupada por dúas capelas separadas: a capela dos Reis, e a capela de San Froilán. Foi o mestre arquitecto Gaspar de Arce Solórzano quen no 1611 uniu as dúas capelas.  

Na capela de San Froilán agarda oculto un dos sepulcros máis importantes que conserva a catedral, ao se-la mostra más antiga de escultura funeraria do templo. Coñécese coma sepulcro de Santa Froilá, en referencia á nai do Santo Patrón da cidade e da diócese. Nembargantes, disque agarda as cinzas doutro personaxe crucial na historia desta catedral: o bispo Odoario.