CAPELA MAIOR

Na capela maior da catedral de Lugo exponse permanentemente o Santísimo Sacramento. Desde tempos inmemoriais, día noite. Este motivo, representado no escudo de Galicia, convirte á catedral luguesa nun exemplo único de adoración perpetua a Xesús. Trátase dunha tradición única no mundo. Por esta razón, Lugo é coñecida coma Lugo, Cidade do Sacramento. A capela maior é o corazón espiritual da catedral, á cal os seus habitantes acoden a rezar de forma case continua.

Déixese abraiar polas fantásticas pinturas de José Terán. Descubra o magnífico retablo de Corniellis de Holanda, colocado nos testeiros do cruceiro: fantástica obra renacentista que representa unha das xoias da escultura do século XVI en Galicia. Admire o fermoso conxunto que forman a capela maior, o transepto e o coro, ademáis da xirola gótica. Elementos todos que nos lembran a bela historia de pervivencia, superación e transformación desta catedral.   
error: Content is protected !!