Arquitectura

A catedral de Lugo convida a viaxar pola historia, reflectida nos seus muros coma un gran libro aberto. Historia que comeza na época tardorromana, trala fundación da cidade polos romanos. Coa posterior evanxelización, construiuse un templo neste mesmo lugar, en torno ao século I. Non hai novas do que puido ter sido aquela primeira igrexa de Lugo, mais sábese que a mediados do século VIII o bispo Odoario restaurouna.

No XII destacará a figura de Raimundo de Monforte coma mestre de obras. Máis tarde, no século XIV, terá lugar a maior das transformacións da catedral, ocasionada en grande parte polos terribles terremotos acontecidos en Portugal no século XVIII.

Internamente, o templo presenta a planta máis alongada e estreita dos templos catedralicios hispanos. Malia a pluralidade de épocas, as súas características responden maioritariamente a un estilo románico tardío. No seu exterior destaca a portada románica da Porta Norte. A figura de Cristo en Maxestade apoiado sobor dun fermoso capitel no que se representa a Última Cea, é un dos símbolos desta catedral.

O templo resume e mezcolanza de tódalas épocas arquitectónicas e permite un inigualable percorrido pola historia e a arte a traverso da pedra.

error: Content is protected !!